viernes, 16 de junio de 2017

Axúdalle fronte ao acoso escolar. Guía para as familias

Trátase dunha guía elaborada polos membros da Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desde a práctica diaria, ante a necesidade de asesorar ás familias fronte ao acoso escolar que sofren moitos nenos e nenas e adolescentes no ámbito educativo. Nestes momentos o acoso escolar é unha problemática social que en Galicia xa supón un 10% dos casos rexistrados.

Con esta guía pretendemos indicar unhas pautas a seguir polas familias para a detección do acoso escolar e proporcionar unha serie orientacións á seguir para facer fronte ao mesmo. Consideramos unha obriga da sociedade prestar a  axuda necesaria a todo o alumnado que se atopa nesta situación e así poder erradicar o acoso escolar, o cal atópase en proceso de crecemento tamén a través das novas tecnoloxías como as redes sociais, aplicacións de mensaxería instantánea, etc… chegando a ser un de cada catro casos rexistrados na actualidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario