viernes, 19 de febrero de 2016

Sección de Psicoloxía Educativa organiza a conferencia "Disciplina positiva".

O xoves 3 de marzo a Sección de Psicoloxía Educativa organiza a conferencia "Disciplina positiva", que se celebrará en horario de 16:30 a 18:30 horas no Salón de Actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (Rúa Espiñeira, 10 – baixo | 15706 Santiago de Compostela).

A conferenciante será Bibiana Infante Cano, psicóloga colexiada G-3296 con máis de 15 anos de experiencia. Certificada como Trainer de Disciplina Positiva pola Positive Discipline Association. Educadora de nais/pais e mestres/mestras en Disciplina Positiva. Fundadora de Disciplina Positiva Galicia. Directora de “Supera Psicólogos”. Membro da Asociación Disciplina Positiva España (ADPE) .

A conferencia será coordinada por Nuria Lago Fernández, vogal da Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Educativa do COPG.

Esta actividade é gratuíta e está dirixida psicólogos e psicólogas colexiadas do COPG e estudantes de derradeiro curso de Psicoloxía.

Por motivos de limitación no aforo requírese inscrición antes do 29 de febreiro, que deberá enviarse ao correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal  Asignaranse as prazas por estrita orde de recepción e confirmarase admisión ou non admisión por e-mail ao día seguinte de rematar o prazo de inscrición

No hay comentarios:

Publicar un comentario